miércoles, 2 de febrero de 2011

EXPRESAMONOS EN PAZ


O día 31 de xaneiro, luns celebramos o día da paz. Cando acabou o recreo, subimos un momento a clase para ensaiar unha canción que tíñamos preparada e tamén para coller uns rolos de papel hixiénico (xa gastado) nos que puxemos unhas pulseiras nas que cada un escribiu un lema que teña que ver coa paz. Baixamos ao pabellón e primeiro tivemos que esperar a que chegaran todos os cursos. Cando xa chegaron todos os cursos, empezou a soar unha canción con letra portuguesa. Cada curso tiña unha pequena coreografía. Por exemplo, na nosa tiñamos que pasarnos os rolosa nosa dereita. Despois soou a canción de Michael Jackson Hold my hand , en ese momento oito nenas do noso grupo foron ao círculo de outro curso e oito nenas de outro curso viñeron ao noso. E para rematar volveu a soar a primeira canción e cando rematou cada un se fou coa pulseira que lle tocou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario