martes, 26 de octubre de 2010

O caos do fútbol

Mirade aos dous patios de arriba:o cuberto e o descuberto. Entre as case 500 persoas do colexio, a maioría xogan fútbol no patio cuberto. É a actividade máis famosa no colexio,a menudo as persoas que están xogando fanse feridas.Ahí dentro é un caos! Eu que non xogo ao fútbol, teño medo de entrar. Pero para a nosa sorpresa os nenos de 4ºB xogan ao baloncesto no patiodescuberto.

E parece que gústalles xogar! Seguide así equipo!


Xogamos os pelouros

OS PELOUROS

A clase de 6ºA van a xogar a un xogo, chamado...OS PELOUROS.Os pelouros son un xogo tradicional galego. Tratase dun xogo fundamentalmente de nenas que, dispostas en corro, e de xeonllos, van participando, na orde preestablecida ata que cada unha delas perde, cedéndolle entón a vez á seguinte.A

variante que presentamos utiliza cinco seixos de río redondeados.

  1. Lánzase os cinco ao aire e intentase recoller un polo menos co dorso da man. Este pasará a ser coutadeira, a pedra maestra.

  2. Lanzase a coutadiera e teñen que collerse dúas pedras e así ata cinco pedras.


miércoles, 13 de octubre de 2010

Salinas e Centro Artesanal en Vigo

As Salinas

O día 7 de Outubro o curso de 6º foron as salinas romanas de Vigo.

Nas salinas, os romanos colocaban auga do mar en reposo cada vez en zonas menos profundas para coa evaporación da auga obter sal. Vimos unha salsa romana moi antiga chamada Garum, vimos o proceso para conseguir sal nun vídeo educativo.

O centro de artesanía

Os nenos de 6º axudaron a facer un cesto a un artesano cesteiro que leva toda a vida facendo cestos. O seu pai tamén era cesteiro. O señor diíxolles que os traballos artesanais estaban desaparecendo, sobretodo o traballo de facer cestos. Fanse con distintos materiais como bimbios ou madeira de castiñeiro.

lunes, 11 de octubre de 2010

Mandilóns coloridos

Hai novos alumnos de infantil, agora os mandilóns clasificanos por cores.

3 anos: 1º de infantil amarelo.

4 anos: 2º de infantil azul.

5 anos: 3ºde infantil vermello.