jueves, 17 de febrero de 2011

A CORUÑA EXPRESS



Coruña Express

O xoves 10 de febreiro fomos á Coruña. Primeiro fomos ao Domus, despois dunha hora e media de viaxe. No Domus

vimos unha película trataba dun safari por África no que intentábamos Domus o primeiro que fixemos foi ver unha película e 3D. A pelíc ver aos cinco animales máis perigosos do continente (o león, o leopardo, o elefante, o rinoceronte e o búfalo). Tamén no Domus vimos cousas moi interesantes como por exemplo un medidor de salto, unha pirámide de libros etc. Despois do Domus fomos a comer ao restaurante do acuario. No acuario vimos moitos tipos de peixes diferentes. Había moitas salas diferentes, por exemplo nunha había un pequeno planeta Terra no que nos explicaron que pasaría se os polos se derretiran, se a auga dulce se acabara etc. Tamén había unha sala na que parecía que estabas dentro dun submarino e por último no exterior vimos ás focas. Por último vimos a casa das ciencias no que vimos un planetario no que nos explicaron moitas cousas como por exemplo cal é a estrela máis brillante, cantas constelacións hai e por qué a estrela polar e tan famosa.

Para rematar na casa das ciencias vimos todos os experimentos que había alí. Foi unha excursión fantástica!

miércoles, 2 de febrero de 2011

EXPRESAMONOS EN PAZ


O día 31 de xaneiro, luns celebramos o día da paz. Cando acabou o recreo, subimos un momento a clase para ensaiar unha canción que tíñamos preparada e tamén para coller uns rolos de papel hixiénico (xa gastado) nos que puxemos unhas pulseiras nas que cada un escribiu un lema que teña que ver coa paz. Baixamos ao pabellón e primeiro tivemos que esperar a que chegaran todos os cursos. Cando xa chegaron todos os cursos, empezou a soar unha canción con letra portuguesa. Cada curso tiña unha pequena coreografía. Por exemplo, na nosa tiñamos que pasarnos os rolosa nosa dereita. Despois soou a canción de Michael Jackson Hold my hand , en ese momento oito nenas do noso grupo foron ao círculo de outro curso e oito nenas de outro curso viñeron ao noso. E para rematar volveu a soar a primeira canción e cando rematou cada un se fou coa pulseira que lle tocou.