miércoles, 13 de octubre de 2010

Salinas e Centro Artesanal en Vigo

As Salinas

O día 7 de Outubro o curso de 6º foron as salinas romanas de Vigo.

Nas salinas, os romanos colocaban auga do mar en reposo cada vez en zonas menos profundas para coa evaporación da auga obter sal. Vimos unha salsa romana moi antiga chamada Garum, vimos o proceso para conseguir sal nun vídeo educativo.

O centro de artesanía

Os nenos de 6º axudaron a facer un cesto a un artesano cesteiro que leva toda a vida facendo cestos. O seu pai tamén era cesteiro. O señor diíxolles que os traballos artesanais estaban desaparecendo, sobretodo o traballo de facer cestos. Fanse con distintos materiais como bimbios ou madeira de castiñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario